DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2025 Páx. 20317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de aprobación das bases e convocatoria para a selección de conserxe limpador do CEIP Veleiro Docampo (funcionario de carreira) mediante oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 54, do 7 de marzo de 2025, foron publicadas as bases reguladoras de selección de conserxe limpador do CEIP Veleiro Docampo (funcionario de carreira) mediante oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Castro de Rei, 10 de marzo de 2025

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde