DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2025 Páx. 20304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de marzo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se lle dá publicidade á resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A27.04840.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público para xeral coñecemento que, mediante Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 28 de febreiro de 2025, e como resultado do expediente instruído para o efecto, se outorgou á Comunidade de Usuarios de Auga Pila de Pedras a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución de Augas de Galicia, do 5 de xullo de 2007, a Restituta Prieto Folgueira, modificación que consiste no aumento do caudal concedido ata os 1.610 m3/ano, procedente dun manancial no lugar do Chao da Aldea, na parroquia de Sasdónigas, no concello de Mondoñedo (Lugo), con destino a uso gandeiro.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións