DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2025 Páx. 20444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de marzo de 2025 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de reclamación de débeda LU 92030:10.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da notificación deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Fianzas e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2025

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

Acto obxecto de notificación

LU 92030:10

Antonio Lorenzo Granja e herdeiros de María Rita Folgueiro Lorigados

Notificación da liquidación da débeda correspondente á vivenda de promoción pública adquirida ao Instituto Galego da Vivenda e Solo