DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2025 Páx. 20407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 24 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se modifica, por modificación substancial, a autorización ambiental integrada outorgada a Granja Campomayor, S.L., para unha explotación avícola de galiñas poñedoras con planta de clasificado e envasado de ovos e planta de ovo produto en Ximonde, no concello de Palas de Rei (Lugo) (expediente 2023-IPPC-M-106).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: explotación avícola con capacidade para 252.000 galiñas poñedoras con planta de clasificado e envasado de ovos e planta de ovo produto en Ximonde

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria

Titular: Granja Campomayor, S.L.

Núm. rexistro AAI: 2010-IPPC-1021-254

Localización: concello de Palas de Rei (Lugo)

Expediente: 2023-IPPC-M-106

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade