Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2025, da Consellería de Economía e Industria, publicada no Diario oficial de Galicia número 63, do 1 de abril de 2025, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei, Lugo (fase III). O promotor é Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. A Administración expropiante é a Consellería de Economía e Industria, Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo de este anuncio para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordado deberá efectuarse no prazo de cinco días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no complexo administrativo de San Lázaro, Edificio Igape, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO I
|
Finca |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie total (m2) |
Superficie afectada (m2) |
|
2 |
27040A001000130000UD/ 27040A001000130001IF |
Manuel Pereiro Orozco |
612,00 |
190,00 |
