No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 44, do sábado 22 de febreiro de 2025, publícanse integramente as bases reguladoras das probas selectivas para a convocatoria e selección de persoas para ocupar tres (3) prazas da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local, escala básica, categoría policía local, grupo de titulación C1, do Concello de Vilalba.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Vilalba, 10 de marzo de 2025
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
