No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 44, do sábado 22 de febreiro de 2025, publícanse integramente as bases reguladoras das probas selectivas para a convocatoria e selección de persoas, por promoción interna, como persoal funcionario de carreira, para ocupar dúas prazas de policía local do Concello de Vilalba, escala básica, categoría de oficial, subgrupo C1.
De conformidade co disposto no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, publícase o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Vilalba, 10 de marzo de 2025
Marta María Rouco Seoane
Alcaldesa
