BDNS (Identif.): 824285.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e convoca o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/824285
Primeira. Obxecto, participantes e réxime xurídico
1. O concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025 ten por obxecto incentivar a creatividade literaria a través do uso da lingua galega.
2. Está dirixido a nenas galegas e nenos galegos que teñan a súa veciñanza administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.
Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Tampouco poderán acceder os fillos e as fillas das persoas integrantes do xurado.
3. A concesión dos premios rexerase por estas bases, pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.
Segundo. Bases reguladoras
As bases que rexerán serán as contidas na Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025 (código de procedemento PR775A). As bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia .
Terceiro. Contía
Existirán en cada categoría tres premios en metálico, cada un deles coa seguinte dotación económica:
|
Categorías |
De 9 a 11 anos |
De 12 a 14 anos |
|
1º premio |
250 euros |
250 euros |
|
2º premio |
200 euros |
200 euros |
|
3º premio |
150 euros |
150 euros |
Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.
Quinto. Outros datos
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas que opten pola presentación electrónica deberán utilizar o anexo I e achegar dous arquivos independentes en formato pdf do xeito seguinte:
a) Un arquivo que conteña o texto do conto coas características da base 3ª. Este arquivo nomearase do seguinte modo: CONTO_Título do conto.
b) Un arquivo que conteña copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade da persoa menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras. Este arquivo nomearase do seguinte modo: DATOS PERSOAIS_Título do conto.
No caso de que se opte pola presentación presencial, deberán presentar o anexo I de solicitude e achegar a seguinte documentación:
– Un sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición na parte exterior: Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025, título do conto e pseudónimo. Dentro do sobre debe incluírse unicamente o conto coas características da base 3ª.
– Copia do libro de familia onde consten os datos de nome/s, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos das respectivas persoas proxenitoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
