DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2025 Páx. 20642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2025/017-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución dos apoios ANN8Q2DT//90, ANL2N872//91 e ANIEU3UW//92 da LMTA POR707.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas:

– Substitución dos apoios ANN8Q2DT//90, ANL2N872//91 e ANIEU3UW//92 da liña de media tensión aérea (LMTA) POR707 por un apoio C-1000/12, un apoio C-1000/14 e un apoio C-1000/16, respectivamente.

– LMTA a 15 kV, con condutor LA-56 de 268 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/12 e final no apoio proxectado C-1000/16.

– Instalación dun reconectador no apoio proxectado C-1000/14 e un XS no apoio proxectado C-1000/16.

A instalación está situada en Carboeiro, no concello de Silleda (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 13 de marzo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2025/017-4.

Denominación: Substitución dos apoios ANN8Q2DT//90, ANL2N872//91 e ANIEU3UW//92 da LMTA POR707.

Concello: Silleda.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

1

Agro Arriba

Rústico

36052Q504004230000UX

Florinda Martínez e Carlos Gabeiro Martínez

3

2,00