DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2025 Páx. 20687

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Terreo

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público 2025.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante a Resolución da Presidencia núm. 2025/008, do 28 de xaneiro de 2025, se aprobou a oferta de emprego público da Fundación municipal TerrEo para o ano 2025, que comprende as seguintes prazas:

Persoal fixo.

Núm. vacantes

Denominación

Tipo de persoal

1

Técnico de proxectos

Persoal fixo

2

Oficial de primeira acuicultura

Persoal fixo

2

Operario de servizos

Persoal fixo

Ribeira de Piquín, 11 de febreiro de 2025

Roberto Fernández Rico
Presidente da Fundación TerrEo