Mediante os decretos da Concellería de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro anexo.
De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1º deste artigo, ou ben intentada a notificación, non se puido efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado; poñendo en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida e o interesado poderá interpoñer os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación. Poderá interpoñer calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.
|
Nº de expediente |
Nome/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
1194/2024 |
En investigación |
36054A088003880000EU |
|
1448/2024 |
En investigación |
36054C507008320000DX |
|
1477/2024 |
35536484N |
36054A072005370000EW |
|
939/2024 |
Cándido Penedo Pájaro |
36054A011002560000EF |
|
2706/2023 |
35551934Y |
36054C522026080001FW |
|
414/2024 |
En investigación |
36054A097006960001RJ |
|
1886/2024 |
En investigación |
36054A087001420000EM |
|
1638/2023 |
En investigación |
36054A047002430001RI |
|
1149/2024 |
Herdeiros de José Amorín Baz |
36054A029001770000EW |
|
1449/2024 |
En investigación |
36054C509009210001F |
Tomiño, 14 de marzo de 2025
A alcaldesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
