DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20934

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros

ANUNCIO da convocatoria da xunta xeral.

Mediante este anuncio convócanse todos os veciños dos lugares de Rego Traveso, Bugalleira, O Castro, Quinteiro, Cezobre, A Torre, Penedo, A Vila, Penelas e Ponte Muíño, da parroquia de San Cristóbal de Borraxeiros, pertencente ao Concello de Agolada (Pontevedra), interesados na traída de augas da zona de Borraxeiros, á xunta xeral, que terá lugar no teleclub de Borraxeiros, o día 26 de abril de 2025, ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, co obxectivo de tratar a seguinte orde do día:

1º. Constitución da comunidade de usuarios denominada Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros.

2º. Relación nominal de usuarios.

3º. Elección da Xunta Directiva.

4º. Rogos e preguntas.

Para que sirva de convocatoria, en legal forma, a todos os interesados.

Borraxeiros-Agolada, 26 de marzo de 2025

Encarna Tomé Fociños de Valenzuela
Presidenta da Comunidade de Usuarios da Traída Vella de Borraxeiros