DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 24 de marzo de 2025 polo que se notifican os trámites de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia no marco da aldea modelo de Carzoá (concello de Cualedro).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio os trámites de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado:

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Nº expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20183200269

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

34705117A

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

20193200198

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

34670365G

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

20183200138

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

34704738S

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

20183200183

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

34719383D

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

20203200286

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

76716742N

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

20183200184

Incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.

34722092G

Notificación do trámite de audiencia de incorporación de predios ao Banco de Terras de Galicia.