DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20811

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 27 de marzo de 2025 pola que se convocan os Premios Santander X Spain Award 2025, Startup Universitaria.

BDNS (Identif.): 823955.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/823955

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumando que está matriculado ou recentemente titulado (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) con grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

Segundo. Obxecto

O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar as mellores startups e spin offs universitarias de base tecnolóxica ou de coñecemento e que teñan unha solución innovadora e disruptiva en fase de aceleración.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 27 de marzo de 2025 pola que se convocan os Premios Santander X Spain Award 2025, Startup Universitaria.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de doce mil euros (12.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 28 de marzo ata o 22 de abril de 2025.

Vigo, 27 de marzo de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade