DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21169

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS)

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a contratación de cinco prazas de persoal de investigación e unha de persoal de xestión.

A Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) anuncia a convocatoria de varios procesos selectivos para a contratación de cinco prazas de persoal de investigación e unha de persoal de xestión.

As bases reguladoras dos procesos selectivos para a contratación do persoal estarán dispoñibles na páxina web da fundación: https://www.idisantiago.es/empleo/ a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de recepción de solicitudes finalizará aos dez (10) días naturais contados a partir do día da súa publicación na páxina web.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025

Isabel Lista García
Directora da Fundación Pública Galega Instituto de Investigación
Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis)