DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 20971

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025/26.

Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2025/26, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria de incorporación de novos centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2025/26.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2025 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de PluriBach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa