En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LAMT BDV801 LA RUA 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.
Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Características principais recollidas no proxecto:
• Substitución, na LMT BDV801-LA RUA1, dos apoios números CLBCJR18//12, CLAAMIJ0//13 e CL7V39VQ//14 por novos apoios de celosía metálica do tipo C-12/2000, C-12/2000 e C-16/2000, respectivamente.
• Instalación de novo condutor LA-56, en substitución do existente, nos seguintes tramos: 167 m entre os apoios proxectados núm. CLBCJR18//12 e núm. CL7V39VQ//14 e 16 m entre o apoio proxectado núm. CL7V39VQ//14 e o apoio existente núm.CL85B5GW//14-1.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do COIILE, o 13.9.2022.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Os planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez núm. 1, 3º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 18 de marzo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2025/014-3.
Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Denominación: regulamentación da LAMT BDV801 LA RUA 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.
Concello do Barco de Valdeorras
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32010A02000584.
Lugar: Granxa.
Cultivo: labor.
Titular: Pilar del Prado.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 12.
Predio núm. en proxecto: 2; referencia catastral: 32010A02000569.
Lugar: Granxa.
Cultivo: viñedo.
Titular: descoñecido/a.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 13.
Concello de Vilamartín de Valdeorras
Predio núm. en proxecto: 3; referencia catastral: 32089A02102239.
Lugar: Val do Carballo.
Cultivo: matogueira.
Titular: descoñecido/a.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 1.
