Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 25 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/436 modificado.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT RED709 e substitución CT Reboreda Carambola.
Concello: Redondela.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
3222609NG3832S0001WG |
Reboreda |
Descoñecido |
18 de xuño de 2025 |
12.00 |
