O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2025, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Vila de Cruces polo Acordo do Pleno, na sesión do 29 de novembro de 2024, para desenvolver as facultades de recadación voluntaria e executiva e instrución do procedemento sancionador por infraccións de tráfico.
A citada delegación realizarase pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 18 de marzo de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025000361, de 20.1.2025))
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación e Emerxencias
