Mediante a Resolución do 28 de maio de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG número 109, do 6 de xuño), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura de sección de Anestesioloxía e Reanimación no Hospital Público do Salnés.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG número 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle o posto de xefatura de sección de Anestesioloxía e Reanimación no Hospital Público do Salnés na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, convocado neste procedemento, ao/á aspirante seleccionado/a que consta no anexo.
Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde; no prazo de sete días hábiles se son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular e será declarado/a nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga por idéntico período ou remoción. Neste último caso daráselle previamente audiencia ao/á interesado/a.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 1 de abril de 2025
José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Adxudicación da praza
|
Apelidos e nome |
DNI |
Prazas |
Denominación |
Centro |
|
Refojos Arencibia, Francisco Javier |
***1285** |
1 |
Xefatura da Sección de Anestesioloxía e Reanimación |
Hospital Público O Salnés, Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés |
(*) Ocúltase parcialmente o número de DNI/NIE/pasaporte/outros para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
