Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Regulamentación LAL805 e LAL810: substitución dos apoios D-65, D-66 e D-68.
Situación: Lalín.
Descricións técnicas:
Substitución dos apoios ARR4A2VU//D-65, AROQ7OC3//D-66 e ARLF7TGF//D-68 da liña de media tensión aérea (LMTA) LAL805 e LAL810, por un apoio C-1000/16, un C-1000/14 e un C-1000/16, respectivamente.
Retensado dos vans comprendidos entre os apoios ARVIO2EC//D-63, ARTGCFHK//D64, ARR4A2VU//D-65, AROQ7OC3//D-66, ARN8K5PS//D-67, ARLF7TGF//D-68 e ARJLTJ6X//D69 (565 metros de condutor LA-80).
A instalación está situada nos lugares de Barreiro de Arriba, Vista Alegre e Chaira, no concello de Lalín (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Núm. expediente: IN407A 2025/026-4.
Denominación: Regulamentación LAL805 e LAL810: substitución dos apoios D-65, D-66 e D-68.
Concello: Lalín.
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
Núm. |
m2 |
|||||
|
1 |
Lamas |
Rústico |
36024A260003780000YT |
Saladina Montouto Silva e Óscar Taboada Montouto |
D-66 |
2,00 |
|
2 |
Chaira |
Rústico |
36024A256000770000YG |
Hrdos. de Antonio, Rosa e Purificación Toimil Bernárdez |
D-68 |
2,00 |
