DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21180

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 26 marzo de 2025 pola que se substitúe un membro da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Orde do 21 de febreiro de 2008 (DOG núm. 45, do 4 de marzo) pola que se crea a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social establece, no seu artigo 1, a creación da dita comisión como órgano colexiado asesor da Comisión Territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de traballo.

Concretamente, no artigo 2 establécense a composición e o procedemento de designación das persoas membros da Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

O artigo 2.4 establece a posibilidade de que os membros non natos da Comisión serán substituídos por proposta da organización que representan.

O Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, inclúe no seu artigo 3.2.i), como entidade adscrita a esta consellería, a Comisión Consultiva Tripartita da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Substitución de vogal

Por proposta do sindicato UGT-Galicia.

En calidade de suplente:

a) Disponse o cesamento de Mar Martín González.

b) Disponse o nomeamento de Ana María Pereiro Mourelo.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Consumo e Emigración