DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21234

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de marzo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025 (código de procedemento PR775A).

Advertidos erros na citada Resolución do 24 de marzo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 3 de abril de 2025, é necesario facer as seguintes correccións:

1ª) Na páxina 20342, na base cuarta, punto 4, onde di:

«4. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais das persoas solicitantes».

Debe dicir:

«4. As solicitudes serán realizadas polos/as pais/nais ou quen teña a patria potestade e, se é o caso, polos/as representantes legais da persoa menor participante».

2ª) Na páxina 20343, cómpre modificar na base quinta o seguinte:

No punto 1, eliminar o parágrafo:

«b) Un arquivo, que conteña o certificado de nacemento. Este arquivo nomearase do seguinte modo: DATOS PERSOAIS_Título do conto».

No punto 2 é necesario eliminar a frase:

«– Certificado de nacemento».

3ª) Na páxina 20344, na base sexta, punto 1, é necesario engadir unha letra f) entre a letra e) e a letra g) que diga:

«f) Consulta de concesións de subvencións e axudas».

4ª) Nas páxinas 20348 e 20349, na base décimo sexta, é necesario eliminar o punto 3:

«3. A persoa gañadora debe facilitar a titularidade dunha conta bancaria con 24 díxitos e declarar sobre a veracidade dos datos relativos á devandita conta en que se ingresará, mediante transferencia bancaria, a dotación do premio a que se refire o artigo 2.2 desta orde, segundo o modelo de anexo II. Este anexo, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), presentarase preferiblemente por medios electrónicos, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada».

5ª) Na paxina 20353, no punto DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA eliminar o segundo punto:

«Un ficheiro coa copia do libro de familia onde consten os datos de nome e apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso, así como os datos dos seus proxenitores. Este arquivo nomearase do seguinte modo: DATOS PERSOAIS_Título do conto».