DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21324

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución reitoral do 2 de abril de 2025 pola que se convocan bolsas de prácticas no programa Campus rural, dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2024/25.

BDNS (Identif.): 824691.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/824691

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario na Universidade de Vigo no curso 2024/25.

Segundo. Obxecto

O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo nel, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de prácticas no programa Campus rural, dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2024/25.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de sesenta e dous mil novecentos setenta e sete euros con corenta e tres céntimos (62.977,43 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 3 ao 24 de abril de 2025.

Vigo, 2 de abril de 2025

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10.6.2024)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade