DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21870

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio para os aspirantes que se examinan pola quenda de promoción interna do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, dispón na base II.1.2.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio para os aspirantes que se examinan pola quenda de promoción interna será de corenta (40) días hábiles, contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

O tribunal constituíuse o día 17 de marzo de 2025.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte a proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio para os aspirantes que se examinan pola quenda de promoción interna do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal