De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 28 de marzo de 2025 do proxecto de cambio de funcionalidade do solo de varias parcelas na parroquia de Esposende, no concello de Ribadavia (Ourense), promovido por Bodegas Casal de Armán, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
