DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2025 Páx. 21932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2025.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Ribadavia, do 31 de marzo de 2025, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a seguir se detallan para o ano 2025:

Persoal funcionario.

– Escala da Administración xeral:

Grupo: C.

Subgrupo: C2.

Número de vacantes: 1.

Denominación: auxiliar administrativo/a.

Sistema de acceso: oposición libre.

– Escala da Administración xeral:

Grupo: C.

Subgrupo: C2.

Número de vacantes: 1.

Denominación: auxiliar administrativo/a adxunto/a a intervención.

Sistema de acceso: oposición libre.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Ribadavia, 1 de abril de 2025

César Manuel Fernández Gil
Alcalde