De conformidade co disposto no artigo 104.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non poder determinar a identidade das persoas titulares dos predios afectados, por ignorar o lugar de notificación, ou logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas o acordo polo que se emprazan para trámite de audiencia anterior á proposta de resolución para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa privada de Alto Castiñeira, entre os concellos de Ribadavia e Cenlle (Ourense).
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE:
a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
b) Na sede electrónica. https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025
María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Persoas interesadas das que se ignora o lugar de notificación
|
Referencia catastral |
Nome e apelidos |
|
32026A0******3****TM |
Antonio Ramón Rodríguez Veloso |
|
32026A0******3****TM |
Julio Gil Iglesias |
|
32026A0******3****TM |
José Vázquez Domínguez |
|
32026A0******3****TM |
María del Carmen Expósito Olleros |
|
32070A0******3****YA |
Antonio Ramón Rodríguez Veloso |
|
32070A0******3****YA |
Julio Gil Iglesias |
|
32070A0******3****YA |
José Vázquez Domínguez |
|
32070A0******3****YA |
María del Carmen Expósito Olleros |
