DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2025 Páx. 22126

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022, convócase o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 244, do 26 de decembro). Esta resolución foi modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros no DOG núm. 64, do 31 de marzo, e DOG núm. 87, do 8 de maio).

A base III.3 da Resolución do 22 de decembro de 2022 establece que, unha vez rematada a fase de baremación, o tribunal publicará no DOG o baremo provisional da fase de concurso do proceso selectivo, con indicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que foron baremadas. Contra a baremación provisional, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG da dita baremación.

En vista das reclamacións presentadas e realizadas, de ser o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no DOG a baremación definitiva da fase de concurso.

Mediante a resolución deste tribunal do 25 de setembro de 2024 (DOG núm. 187, do 27 de setembro), publicouse a baremación provisional da fase de concurso para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, de corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 da Xunta de Galicia.

De conformidade co exposto, examinadas e resoltas as reclamacións das persoas aspirantes a determinados corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2, na sesión que tivo lugar o 9 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño), modificada polas resolucións do 7 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño) e do 27 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos dos corpos, escalas e especialidades do subgrupo C2 que se relacionan no anexo desta resolución, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas na base III.3 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través do Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

Segundo. De acordo co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2025

Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal

ANEXO

Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo C2

nas cales se publica o baremo definitivo

Corpo de auxiliares de carácter técnico

Escala auxiliar de coidadores