DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2025 Páx. 22148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 28 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia (expediente OU-RES-2024-004).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que a notificación fose devolta polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas as persoas destinatarias ou porque, intentada dúas veces, non se puido efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

OU-RES-2024-004

Martín Ferreira Fernández

Resolución de expediente sancionador