DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2025 Páx. 22176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 1 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/183-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CRN708A-apoios AQBEN6CL//146 e AQA90OJ8//147 (Valdoviño), no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/183-1), acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 1 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/183-1.

Solicitante UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMTA CRN708A-apoios AQBEN6CL//146 e AQA90OJ8//147 (Valdoviño).

Concello: Valdoviño.

Nº predio

Concello

Lugar

D. catastrais

Titular

Data

Hora *

1

Valdoviño

Amedo

15088A502004390000GJ

Descoñecido

18.6.2025

10.45

2

Valdoviño

Lg. Taraza

5963705NJ6266S0001HI

Descoñecido

18.6.2025

10.50

3

Valdoviño

Lagoas

15088A502004900000GG

Descoñecido

18.6.2025

11.00

4

Valdoviño

Vilanova

15088A502005270000GO

José González Carneiro

18.6.2025

11.05

*A hora sinalada e aproximada e pode variar en función de sucesos imprevistos