DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2025 Páx. 22150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se convoca o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III (Lugo).

Asunto: convocatoria para levantamento de actas de pagamento e ocupación do expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos ben e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III (Lugo).

Concello: Palas de Rei.

Promotora: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (en diante, Xestur).

Administración expropiante: Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial. Consellería de Economía e Industria.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2025, da Consellería de Economía e Industria, apróbase definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III. A aprobación definitiva declara a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Polo anterior, cómpre convocar e citar os titulares que aparecen no expediente aprobado para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación, de conformidade co artigo 48 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e demais normativa que resulte de aplicación.

En consecuencia,

RESOLVO:

Convocar e citar os titulares dos bens e dereitos afectados que constan neste expediente para o levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo no Concello de Palas de Rei, avenida de Compostela, nº 28, 27200 Palas de Rei, Lugo, o día 29 de abril de 2025 no horario que figura no anexo a esta resolución para o caso de pagamento e posterior levantamento das actas. Así mesmo, o levantamento da acta de ocupación, para o caso de que se producise a consignación do prezo xusto, será o mesmo día 29 de abril ás 14.00 horas.

Para os ditos actos deberá terse en conta:

Primeiro. Que o pagamento do prezo xusto só se lles fará efectivo, consignándose en caso contrario, cando se acrediten en legal forma a titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación do Rexistro da Propiedade ao seu favor, na cal conste que se redactou a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu dereito completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer os seus titulares.

Segundo. Para os casos de sucesión dos dereitos derivados do expediente expropiatorio, ademais, achegarán documentos suficientes acreditativos da sucesión alegada e da lexitimidade da persoa interesada para o cobramento das cantidades en cuestión (certificado de defunción, actos de última vontade, liquidación do imposto de sucesións, testamento, operacións particionais, etc.).

Terceiro. Que se a persoa expropiada non quixer aceptar o pagamento ou non achega títulos suficientes xustificativos do dominio ou existe contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, se concorre algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda.

Cuarto. Que para o cobramento do prezo xusto é necesaria a comparecencia da persoa interesada, por si mesma ou debidamente representada con poder suficiente, e no caso de que o predio ou dereito pertenza a varias persoas é necesario que comparezan todas elas, por si mesmas ou debidamente representadas con poder suficiente.

Quinto. Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Palas de Rei e notificaráselle o Ministerio Fiscal, para os efectos do establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Así mesmo, publicarase no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o que servirá de notificación para os interesados descoñecidos, para aqueles dos que se ignore o lugar de notificación ou aos que, intentada a notificación, non se puidese efectuar, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, notificáraselles individualmente aos titulares dos predios que figuran na lista anexa a data, a hora e o lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO

Relación de bens, dereitos e titulares afectados polo proxecto de expropiación para a execución da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-fase III, Lugo

Predio

Referencia catastral

Titular

Data citación

Hora citación

1

27040A001000020000UP

José Otero Mosquera

29.4.2025

10.00

10

2075401NH9427N0000XH

José Otero Mosquera

29.4.2025

10.00

2

27040A001000130000UD/

27040A001000130001IF

Manuel Pereiro Orozco

29.4.2025

10.30

3-4-7

27040A001006030000UB/

27040A001006030001IZ

Mourenza y Pardo, S.L.

29.4.2025

11.00

5

27040A001000170000UE/

27040A001000170001IR

José Manuel Buján Pereiro

29.4.2025

11.30

6

27040A001000180000US/

27040A001000180001ID

Jorge Buján Barreiro

29.4.2025

12.00

8

1875602NH9417N0000IS/

1875602NH9417N0001OD

María Jesús Quintas Ouro

29.4.2025

12.30

9

1875603NH9417N0001KD

María Rosa Vázquez García,

María del Rosario Vázquez García

29.4.2025

13.00

13

1775402NH9417N0001OD

Eutiquio Vizcaíno Pazos

29.4.2025

13.30

11

1873811NH9417S0001GZ

Concello de Palas de Rei

29.4.2025

13.30

12

1775404NH9417N0001RD

Concello de Palas de Rei

29.4.2025

13.30