Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a substitución CT Rebordaos-27C363 (O Saviñao), no concello do Saviñao, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 28 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de substitución CT Rebordaos-27C363 (O Saviñao)
Concello: O Saviñao (Lugo).
Expediente: IN407A 2023/284-2.
|
Nº de predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
Apoio (nº) |
Superficie (m²) |
Afeccións sot. (ml.) |
Afeccións sot. (m²) |
|
1 |
90 |
87 |
Outeiro |
Prado |
José Luis Varela Lois |
CTC |
15 |
12 |
35 |
