En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Deputación Provincial da Coruña-Servizo de vías e obras.
DNI: P1500000C.
Expediente: DH.W15.105880.
Lugar: Curtis ao Carregal.
Parroquia: Curtis (Santaia).
Concello: Curtis (A Coruña).
Descrición das actuacións:
Execución das obras reflectidas no proxecto de ampliación e mellora da estación de Curtis ao Carregal e Gorxa DP 3201 p.q. 8+400 ao 11+070 e senda p.q. 8+700 ao 9+700.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña, con cita previa no teléfono 981 18 25 30.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 12 de febreiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
