DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 11 de abril de 2025 Páx. 22136

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 9 de abril de 2025 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan concursos públicos para a contratación de persoal docente.

De acordo co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema universitario (BOE do 23 de marzo), en diante, LOSU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e segundo o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), este reitorado, en uso das competencias recoñecidas pola LOSU, resolve anunciar a convocatoria do seguinte concurso público:

Referencia: LA2407.

Categoría: listas de profesorado substituto.

Número de listas: 3.

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrarase por tipo: «Concursos de profesorado» e empregaranse como palabras chave a referencia da categoría. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e débense dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos na convocatoria.

Téñase en conta para estos efectos a Resolución reitoral do 31 de xaneiro de 2025 (DOG do 13 de febreiro) mediante a que se declaran inhábiles os días 14, 15 de 16 de abril de 2025.

Vigo, 9 de abril de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo