DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2025 Páx. 22390

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 1 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso-oposición).

Corpo/categoría: escala de auxiliares de clínica do corpo de auxiliares técnicos de Administración especial da Administración xeral (20A3).

Prazas de acceso libre: 11 + 1.

Prazas de acceso pola base I.1.1: 1.

Núm. orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

1

***3909**

Portas Blanco, Alicia

Libre

76,280

2

***5703**

Gutiérrez Digón, Victorina

Libre

76,280

3

***9490**

Silva Pereira, Lucía

Libre

74,970

4

***5287**

Ares González, María Belén

Libre

71,420

5

***9815**

Santiago Bamio, Margarita

Libre

70,770

6

***9470**

López Canosa, María de las Mercedes

Libre

68,540

7

***0133**

Taboada Pájaro, Graciela

Libre

68,020

8

***7166**

Pardo Bello, Demetria

Libre

67,665

9

***2962**

Cabanas Quiño, María Cristina

Libre

66,945

10

***1598**

Montero Docampo, Reyes

Libre

65,600

11

***8130**

Romarís Carnota, María del Carmen

Libre

65,040

12

***0867**

Seoane Arnejo, Sandra

Libre

60,450

13

***3956**

López Martínez, Lidia Vanessa

Base I.1.1

35,100