En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Chaín.
Expediente: DH.A36.95735.
Volume total anual: 78.466,00 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 4,42 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: 32 mananciais (M1 a M32) e 3 pozos (P1 a P3).
M1 na parcela 6001, polígono 18.
M2 a M12 na parcela 47, polígono 29.
M13 na parcela 46, polígono 29.
M14 na parcela 81, polígono 29.
M15 na parcela 31, polígono 29.
M16 na parcela 25, polígono 29.
M17 a M21 na parcela 6, polígono 28.
M22 na parcela 5, polígono 28.
M23 na parcela 9007, polígono 28.
M24 na parcela 4, polígono 28.
M25 a M29 na parcela 1, polígono 28.
M30 na parcela 54, polígono 44.
M31 na parcela 55, polígono 44.
M32 na parcela 51, polígono 44.
P1 a P3 na parcela 20, polígono 40.
Todas do catastro de Gondomar.
Lugar: Monte de Chaín.
Parroquia: Chaín.
Concello: Gondomar.
Descrición:
A auga dos mananciais reúnese para conducila a depósito na parcela 20, polígono 40, ao cal se bombea tamén a auga dos pozos en caso de necesidade. Continúa a segundo depósito na mesma parcela. Desde os depósitos parten as redes de distribución ás vivendas e locais que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 4 de decembro de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
