En sesión que tivo lugar o 2 de abril de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 26 de novembro de 2024 (DOG núm. 234, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna separada, no grupo I, categoría titulado/a superior, do cadro de persoal do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, convocado pola Resolución do 23 de setembro de 2024.
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar as cualificacións provisionais da fase de oposición, dos dous exercicios previstos nas bases da convocatoria:
|
Cualificacións provisionais das personas aspirantes na fase de oposición |
DNI |
Oposición primeiro exercicio |
Oposición segundo exercicio |
|
Sierra Sánchez, María Dolores |
***9511** |
68,25 |
Exenta |
Segundo. De conformidade co disposto na base II.5 da convocatoria, publicar a baremación provisional da fase de concurso de acordo coa seguinte relación:
|
Cualificacións provisionais das personas aspirantes |
DNI |
Puntuación |
|
Sierra Sánchez, María Dolores |
***9511** |
26,48 |
Terceiro. Tal e como se recolle nas bases II.1.2.8 e II.5 da convocatoria, contra esta resolución as persoas aspirantes poderán presentar alegacións ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG desta cualificación.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025
José Eduardo López Pereira
Presidente do Tribunal
