DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/230-1.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas e, particularmente, ás relacionadas no anexo que segue a este escrito, ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado M1 LMTS, peche Cabo Cruz 2ª fase, no concello de Boiro; acto que se realizará, en primeiro lugar, sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do mencionado concello, seguindo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 2 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Nº de predio

Concello

Lugar

Datos catastrais

Titular

Data

Hora

1

Boiro

Fonte

Mouro

0683502NH1108S0001PG

Josefa Lojo Sánchez

12.5.2025

11.15*

*A hora sinalada por sufrir algún atraso por motivos imprevistos.