DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de abril de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración por expediente de expropiación, no concello de Brión (expediente IN407A 2023/358-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT CT RBT Tembra, no concello de Brión (expediente IN407A 2023/358-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A copia da acta e do depósito previo están ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (con cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.

Dispoñen de quince (15) días de prazo para chegar a un acordo amigable coa empresa beneficiaria. Finalizado este trámite, terán vinte (20) días para presentar a súa folla de valoración.

Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de abril de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data da ocupación

1

Polígono 501, parcela 143

José Fandiño Carballo

14.4.2025