Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTS e substitución dos apoios 9UDS8PFH//14 e 9UCBCLLR/17 na LMTA CBD807.
Situación: Ribadumia e Meis.
Características técnicas:
Substitución dos apoios 9UDS8PFH//14 e 9UCBCLLR/17 da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD807 (Curro 7) por un apoio C-4500/20 e un C-7000/14, respectivamente.
Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 697 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/20, mediante un paso aero-subterráneo, e final no apoio existente 9UH58JU9//20, mediante outro paso aero-subterráneo.
Retensado dos vans contiguos aos apoios proxectados (69 metros de condutor LA-110, 60 metros de condutor LA-78 e 84 metros de condutor LA-110).
A instalación está situada en Santa Baia de Ribadumia e San Martiño de Meis, nos concellos de Ribadumia e Meis (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 24 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: IN407A 2025/037-4.
Denominación: LMTS e substitución dos apoios 9UDS8PFH//14 e 9UCBCLLR/17 na LMTA CBD807.
Concellos: Ribadumia e Meis.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións canalización subt. |
||
|
nº |
m2 |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
O Carrixón |
Rústico |
36046D50500668 |
Rosa Sineiro Alba |
1 |
2,00 |
2,00 |
6,00 |
