DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2025/036-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: Substitución dos apoios AMFIO3PF//83-49-B2-3 e AMFQ6I4F//83-49-B2-4 da LMTA POR707.

Situación: Silleda.

Características técnicas:

Substitución dos apoios AMFIO3PF//83-49-B2-3 e AMFQ6I4F//83-49-B2-4 da LMTA POR707 por un apoio C-1000-18 e un apoio C-2000/16, respectivamente.

Retensado dos vans comprendidos entre o apoio AMF9OR8R//83-49-B2-2, o proxectado C-1000/18, o proxectado C-2000/16 e o AMFONLX7//83-49-B2-5CT (368 metros de condutor LA-30).

A instalación está situada no Poboado de Breixiña, Breixa, no concello de Silleda (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 21 de marzo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2025/036-4.

Denominación: Substitución dos apoios AMFIO3PF//83-49-B2-3 e AMFQ6I4F//83-49-B2-4 da LMTA POR707.

Concello: Silleda.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Poboado Breixiña-Breixa

Rústico

36052J512009520000OZ

Descoñecido/a

1

2,00

2

Prados de Breixiña

Rústico

36052J512009540000OH

Descoñecido/a

2

2,00