DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22463

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PL400B).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 70, do 10 de abril de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 21602, no artigo 8, Documentación complementaria, no número 2, onde di: «...a persoa solicitante deberá xuntar unha declaración sobre as axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto, en que indique que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto...», debe dicir: «...a persoa solicitante deberá xuntar unha declaración e indicar se solicitou ou non axudas para este mesmo proxecto, e, en caso afirmativo, declarar cales foron…».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes, que finalizará o día 12 de maio de 2025.