DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22508

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 2 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR340E).

BDNS (Identif.): 826098.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826098

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826099

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/826101

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa lles corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e as condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Segundo. Obxecto

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencial.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR340E).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cincocentos mil euros (500.000 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará aos sete días naturais contados desde o día da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2025.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración