DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 15 de abril de 2025 Páx. 22460

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 7 de abril de 2025 pola que se nomean os representantes, titulares e suplentes, de UGT Galicia no Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e se regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, regula no seu artigo 16 a composición e procedemento de nomeamento das persoas vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Conforme o previsto na devandita lei, a organización sindical UGT Galicia realizou proposta de designación dos representantes, titulares e suplentes.

En consecuencia, no exercicio das atribucións conferidas de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomeamento de vogais

Por proposta da organización sindical UGT Galicia:

a) En calidade de titulares, disponse o nomeamento de Mª Isabel González Jardón e Rafael Vázquez García en substitución de Mar Martín González e José Luis Fernández Celis.

b) En calidade de suplentes, disponse o nomeamento de Ana Mª Pereiro Mourelo, en substitución de Mª Isabel González Jardón.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración