Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de abril de 2025 aprobouse provisionalmente o proxecto referido, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013 e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,
ACORDO:
Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de Mellora da seguridade e accesibilidade peonil na AC-542. Betanzos, de clave AC/24/082.06, no concello de Betanzos (A Coruña); para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, se é o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013 e no artigo 50 do Decreto 66/2016.
Segundo. Someter ao trámite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito a rectificación dos posibles erros da relación publicada ou opoñerse á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos aos da relación ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.
Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na Casa do Concello de Betanzos; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Mellora da seguridade e accesibilidade peonil na AC-542, Betanzos
Clave: AC/24/082.06
Concello de Betanzos.
|
Nº |
Referencia |
Políg. |
Parc. |
Titular |
NIF |
Sit. básica do solo |
Expropiación |
Bens afectados |
||
|
Cant. |
Ud. |
Descrición |
||||||||
|
1 |
15009A013002020000EG |
13 |
202 |
Provincia de España Congregación Hermanas Hospitalarias |
R2802306G |
Rural |
35,00 |
16 |
m |
Muro |
|
2 |
15009A013002010000EY |
13 |
201 |
Mª de los Ángeles García Gómez |
***7599** ***1704** |
Rural |
1.462,00 |
|||
|
3 |
15009A013002000000EB |
13 |
200 |
José Manuel Gómez Sancho (herederos de) |
***6681** |
Rural |
2.686,00 |
|||
|
4 |
15009A013001990000EB |
13 |
199 |
Manuel García Mosquera |
--- |
Rural |
285,00 |
|||
|
5 |
15009A013001980000EA |
13 |
198 |
Manuel Beccaria Lago |
***9651** |
Rural |
33,00 |
|||
|
6 |
15009A013000980000EU |
13 |
98 |
Concello de Betanzos |
P1500900D |
Rural |
60,00 |
|||
|
7 |
3114401NH6931N0001BM |
31144 |
1 |
Francisco Rocha Gónzalez |
***1979** ***0950** |
Urbanizado |
55,00 |
29 + 4 |
m |
Vallado + peche |
|
8 |
15009A014009860000EM |
14 |
986 |
María Teresa Lema Espasandín |
***7452** |
Rural |
43,00 |
|||
