DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22731

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de San Andrés de Figueirido-Vilaboa

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Carlos Alberto Boullosa Bugallo, con DNI ***0091**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de San Andrés de Figueirido-Vilaboa, mediante este anuncio convoco o vindeiro día 11 de maio de 2025, na Casa Cultural de Figueirido, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

2. Estado de contas.

3. Informe do presidente.

4. Nomeamento da nova Xunta Directiva.

5. Adopción de acordos sobre cantidades que deben os usuarios.

6. Autorización á Xunta Directiva para solicitar subvencións en nome da comunidade.

7. Rogos e preguntas.

Balteiro, Vilaboa, 26 de marzo de 2025

Carlos Alberto Boullosa Bugallo
Presidente