DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2025 Páx. 22693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de abril de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación dunha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2022/30 ATE).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación da LMTA PR802 derivada ao CT Espasantes.

Lugo, 3 de abril de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/30-ATE.

Denominación: regulamentación da LMTA PR802 derivada ao CT Espasantes.

Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Pantón.

Nº predio

Pol.

Parcela

Cultivo

Lugar

Propietario

31

51

1406

Monte arborado

As Cruces

Federico Vargas de Prado