Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación é informada da consignación do depósito do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María Rans 36AGR1 por CT que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 3 de abril de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/425-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María Rans 36AGR1 por CT.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prez xusto |
|
1 |
54057A047000080000AX |
Carmen Rodríguez Fernández |
2025/54/109 |
