DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2025 Páx. 22844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se deixa sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 67, do 7 de abril, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro de 2025, polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Ourense (98,8 MHz) e O Carballiño (97,9 MHz) a favor de Uniprex.

No Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo de 2025, publicouse a Resolución do 14 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro de 2025, polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Ourense (98,8 MHz) e O Carballiño (97,9 MHz) a favor de Uniprex.

Ao duplicarse a publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia número 67, do 7 de abril de 2025, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Deixar sen efecto a publicación no Diario Oficial de Galicia número 67, do 7 de abril de 2025, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro de 2025, polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Ourense (98,8 MHz) e O Carballiño (97,9 MHz) a favor de Uniprex.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2025

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios